Concerto virtual do RockLab para pechar o Salón do Libro

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Preparación del concierto de clausura del Salón do Libro de Pontevedra, que se celebró de manera virtual por la pandemia del coronavirus
Preparación del concierto de clausura del Salón do Libro de Pontevedra, que se celebró de manera virtual por la pandemia del coronavirus Concello de Pontevedra

O evento será este domingo, coincidindo có Día las Letras

13 may 2020 . Actualizado a las 20:57 h.

O Salón do Libro pechará as súas portas virtuais o vindeiro domingo 17 de maio, día das Letras Galegas, logo de 2 meses nos que a actividade se levou a cabo nas súas redes sociais por mor da alerta sanitaria do covid-19, que obrigou a pechar as portas físicas do Salón o xoves 12 de marzo.

O confinamento e as sucesivas prórrogas do estado de alarma ampliaron a duración desta versión virtual dun Salón que tiña programada a súa clausura orixinal o domingo 22 de marzo.

Así como se adaptou o formato de diferentes actividades previstas no programa, o Salón plantexou a mesma vía para o concerto de clausura, a cargo do RockLab, actividade músical do Concello de Pontevedra, impartida no Pazo da Cultura e dirixida por Gonzalo Maceira. Aceptaron a proposta con moita ilusión pero levala a cabo non foi sinxelo, tal como explica o responsable: «Traballamos con 30 alumnos/as de 6 a 10 anos a través de Goole Classroom e Zoom para as clases e levamos a cabo sesións de diferente tipo: invididuais, por grupos pero sobre todo moita formación para pais, que se involucraron moitísimo no proxecto. Sen a súa colaboración e implicación 100% non tería sido posible chegar a porto».

Sen desvelar o contido do concerto, que leva unha parte de escenografía e interpretación tamén, Gozalo avanzou que «aínda que pareza imposible, o audio é da cativada».

A emisión das actuacións dos Rock “N” roll Monsters e Os Cabaleiros e Damas do Rock terá lugar o domingo 17 cara ás 18h. no Facebook, Instagram, Youtube e web do Salón.

Unha xornada tan especial como é o peche logo de tantas semanas xuntos, require dunha programacion especial entre a que cabe destacar tamén a segunda parte do obraoidoro “Aprende banda deseñada con Fiz” de Kiko Dasilva.

Ao longo do día terá lugar tamén a difusión de diferentes pezas recopilatorias, sorpresas e aínda que non gusten moito, tamén despedidas.