Unha escultura a motoserra de máis de tres metros de altura reivindica en Souto o apego ás raíces

O artista Borja Blanco botou man dun pino do país cun metro de diámetro para dar forma á mensaxe


a estrada / la voz

Chámase Borja Blanco Cochón. É de Marcón (Pontevedra) e leva desde o 2014 vivindo e traballando en Arezzo, na Tosacana italiana. Alí participou na elaboración do mosaico máis grande do mundo e alí ten o taller no que lle da vida á madeira a golpe de gubias e motoserras. Coa motoserra é un mestre. É capaz de desbastar un tronco ou mesmo de mondar unha mazá.

Estes días anda pola Estrada rematando a instalación dunha escultura que lle encargaron María Rivas e Uxío Allo para a Casa de Rebolos, en Torreboredo (Souto). A vivenda é a base do seu proxecto global de compromiso coa terra. Dela saen as galletas ecolóxicas e os mexillóns da marca Maruxío, pero nela hai tamén un espazo de exposición de artesanía local, outro ao aire libre para a degustación de produtos, aloxamento e locais con encanto para impartir cursos relacionados coa saúde, o medio ambiente, a arte ou a cultura.

María e Uxío querían encher de vida ese espazo cunha escultura que simbolizase o seu apego á terra. A volta ao rural, ás raíces. Borja Blanco non puido facer unha obra máis acaída. «Elixín pino do país, por se propio de aquí e porque resiste mellor no exterior», explica o artista. «Queriamos que fora algo ao grande, así que me custou atopar o tronco apropiado. Apareceu nun serradoiro de Barro. É un pino que ten un metro de diámetro. Deses hai poucos hoxe en día», comenta. A base está esculpida nunha única peza de dous metros de altura. O tronco convértese en raíces para facer visible o apego á terra. Sobre esta base sitúase unha figura infantil cunha man diante do corpo e outra detrás que convida a rodear a obra, que na parte posterior esconde, entre as raíces, unha parella de vellos que simbolizan o pasado e que se destacan coa iluminación nocturna da obra. Na man de diante o neno leva unha regadeira. Na traseira, brótanlle ramas dos dedos. «Hai que buscar as raíces para medrar a nivel persoal», explica Borja. O título da obra non ten complicacións: Raíces. Están na orixe de todo e nunca hai que esquecelas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha escultura a motoserra de máis de tres metros de altura reivindica en Souto o apego ás raíces