«Estamos á espera de que o Pontevedra libere a Rivera para chegar a un acordo»

O adestrador do Arousa advirte de que se a operación se demora, deberán buscar alternativas ao dianteiro centro vilagarcián


O calendario vai pasando follas, e cada vez está máis preto o 1 de febreiro sen que o Arousa dea conseguido fichar ese par de reforzos que o seu adestrador, Rafa Sáez, leva semanas sinalando como fundamentais para encarar co mínimo de garantías precisas o asalto final a unha das catro prazas de promoción de ascenso.

Por primeira vez, o técnico arlequinado púxolle nome a quen é a primeira opción do club para o posto que con máis urxencia precisa apuntalar o Arousa, o de dianteiro centro que cubra calquera continxencia na persoa do xogador franquicia do equipo, Pedro Beda: «O Arousa está á espera de que o Pontevedra libere a -José- Rivera para chegar a un acordo co xogador».

O vilagarcián, de 21 anos e con pasado na base do Arousa pero forxado na canteira do club do Lérez, está lonxe de vivir a tempada de estrea soñada no primeiro equipo granate, sen apenas contar para ningún dos dous adestradores que esta tempada levaron o vestiario do Pontevedra. O problema é que os responsables deste último estarían agardando a atar un novo dianteiro centro antes de darlle a carta de liberdade ao obxecto de desexo do Arousa.

«A nós Rivera encáixanos», con todo, «se non saíra, temos que buscar alternativas. Neste momento estamos esperando por Rivera, pero temos que seguir movéndonos», advirte Rafa Sáez.

Na mesma situación atópase o futbolista de corte defensivo co que o Arousa quere completar o seu cadro de persoal, pendente do o.k. do seu actual club, outro Segunda B, para poder asinar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Estamos á espera de que o Pontevedra libere a Rivera para chegar a un acordo»