Segunda xornada do festival Novos Cinemas


Pontevedra vive hoxe unha nova xornada do festival Novos Cinemas, que comezará con Jaione Camborda presentando o filme Arima nunha sesión para escolares que terá lugar ás 11 horas no Museo de Pontevedra.

Ás 12.30, no Teatro Principal, darán comezo as proxeccións dos filmes que xa compiten nas diferentes categorías do festival. Será a quenda de Actos de Primavera, filme da Sección Latexos dirixida por Adrián García Prado (España), que estará presente na sesión.

Xa pola tarde, ás 16.30, no Teatro Principal inaugurarase a Sección Oficial co filme Serpentário, opera prima de Carlos Conceição (Portugal). Ás 19 horas, estrearase Enquanto estamos aquí, dos directores brasileiros Clarissa Campolina e Luiz Pretti, onde se narra a historia de Lamis e Wilson, inmigrantes en Nova York.

A xornada rematará ás 21.30 horas co Blanco e Blanco, de Thèo Court, gañadora do León á Mellor Dirección na Sección Orizzonti da Mostra de Venecia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Segunda xornada do festival Novos Cinemas