Os Cantos de Taberna toman o Principal

A cita, conducida polo regueifeiro Luis Caruncho, homenaxeará ao bar A de Lupe coa Cunca Maravallada


Por carto ano, os Cantos de Taberna resoarán esta noite (21 horas, entrada libre ata completar o aforo) no Teatro Principal de Pontevedra. Nesta gala, como ven sendo xa tradicional, a Asociación Maravallada rendera homenaxe ao bar cambadés A de Lupe «pola difusión e promoción do canto popular», segundo anunciaron Carme Fouces, concelleira de Cultura, e Mari Luz Rodríguez e Mar Fernández, integrantes de Maravallada.

«Somos un país que cantamos moito e no que moitas cousas se fixeron, e se seguen facendo, arredor dunha mesa con comida, con bebida e con canto, como os velorios e as vodas», destacou Fouces na presentación deste evento. Deste xeito, salientou a importancia do canto popular na cultura pontevedresa

Esta claro que, como non podía ser doutra forma, a música non podía faltar nesta cita. Deste xeito, Os do fondo da barra, dirixidos por Quique Peón, serán os encargados de interpretar distintos temas, mentres que a gala estará conducida polo tamén músico e regueifeiro Luis Caruncho.

En canto á Cunca Maravallada terá, nesta edición, formato de cadro en tinta china sobre lenzo e ven firmada polo coñecido arquitecto e muralista Miguel Valiñas Otero, precisaron Ma Luz Rodríguez e Mar Fernández.

De praza en praza

A concelleira de Cultura non deixou pasar a ocasión para resaltar o labor que durante unha década levan realizando dende a asociación Maravallada, «traballando e chamando á xente a gozar cantando, xuntando centos de persoas todos os veráns cantando de praza en praza».

E trala gala, que a música non decaia. Así, ao rematar da mesma, que terá unha duración aproximada de hora e media, os Cantos de Taberna trasladaranse ao bar Americano, na rúa Riestra, e á Adega dos Avós, en Gutiérrez Mellado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os Cantos de Taberna toman o Principal