Arrancan as segundas Xornadas Zanfonas Abertas

PONTEVEDRA CIUDAD

cedida

01 nov 2019 . Actualizado a las 10:34 h.

Entre hoxe e mañá, a Casa da Cultura de Lérez, en Pontevedra, acollerá as segundas Xornadas Zanfonas Abertas, unha iniciativa que está adicada á muller zanfonista e que contempla unha xornada de práctica e aprendizaxe creativo con este instrumento que xa completou as 25 prazas ofertadas. De feito, as persoas participantes proceden de toda Galiza, máis de Euskadi, Madrid e Portugal.

En canto o programa, este arrancará esta tarde (20 horas) cunha charla coloquio, na que intervirán Jesús Reolid (Madrid), importante constructor e recuperador de instrumentos de corda e antigos; Germán Díaz (Valladolid), músico zanfonista de recoñecido prestixio a nivel mundial; e Carlos do Viso (Redondela), mestre zanfonista e luthier.

Venres e sábado • Casa da Cultura de Lérez • De balde • Esta tarde, a partir das 20 horas cunha charla coloquio •