O Museo de Pontevedra será un dos escenarios da lusofonía

Nas súas distintas instalacións, a institución acollerá ata nove actividades concibidas para un público heteroxéneo


«Se lle tiramos unha foto a un cadáver e sae movida, ¿quen ten a culpa: o fotógrafo ou o cadáver?», preguntoulle un tipo a Antón Reixa nunha madrugada calquera hai 40 anos. Baixo esta premisa, o artista ideou o seu traballo máis recente, «Melancoholemia», que presentará na última xornada do Cantos na Maré.

A poesía escénica de Reixa será a proposta principal dun abano de ata nove actividades que se desenvolverán a próxima fin de semana no Museo de Pontevedra, elixido como un dos escenarios fundamentais do Cantos na Maré, que persegue espallar a lusofonía polo casco histórico da Boa Vila. Na programación máis familiar, o evento ten organizados un espectáculo músico-teatral a cargo de Magín Blanco, unha narración oral con Vero Rilo e Faira Díaz e un obradoiro infantil de instrumentos antigos. O resto de actividades atenden a un público máis ben adulto, coa proxección de dous filmes, unha visita guiada polo museo e un roteiro pola cidade da man de Xurxo Souto, co punto de partida nas ruínas de Santo Domingo -primeiro edificio- e remate final no sexto, pechando o ciclo vital da institución.

As actividades que acollerá o museo, de balde, van dirixidas «a un público moi diferente, cada vez máis heteroxéneo», apunta o director da institución, José Manuel Rey, na liña do espírito dun festival que, alén de consolidar o seu éxito -acadado despois de quince anos de vida-, aspira a «atravesar máis mares e espallarse a máis mundos».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Museo de Pontevedra será un dos escenarios da lusofonía