Celebración do Día da Galiza Mártir

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

CLAUDIA GÓMEZ

14 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O próximo sábado, 17 de agosto, Poio e Pontevedra acollerán os actos de conmemoración do Día da Galiza Mártir. Deste xeito, á partir da unha da tarde, desenvolverase diante do Monumento a Alexandre Bóveda da Caeira a ofrenda floral para, acto seguido, organizarse o xantar que organiza a Fundación Alexandre Bóveda.

Unha das novidades deste ano foi a decisión de desvincular a entrega do premio Día da Galiza Mártir, que este ano alcanza a súa catorce edición, do xantar para facer deste acto un evento singularizado que se desenvolverá (17 horas) na parque de Amalia Álvarez en Pontevedra. Nesta ocasión, recoñecese a labor de Telmo Comesaña, fundador e presidente da Asociación pola Memoria do 36 en Vigo.

De igual modo, mantense a misa de aniversario na capela de San Amaro (18.30 horas) e a posterior ofrenda cívica no cemiterio ante o sartego de Bóveda.