Celebrando a décima edición cos dez mellores espectáculos

PONTEVEDRA CIUDAD

CLAUDIA GÓMEZ

A compañía Xip Xap, de Lleida, inaugurará esta tarde unha cita que rematará o venres cun show pirotécnico

31 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Esqueletos xigantes, autos tolos, cabalos desbocados, dragóns, demos... Todo ten cabida en Itineranta, cuxa décima edición arranca esta tarde polas rúas de Pontevedra. E o fai dun xeito especial, xa que se trata de celebrar por todo o alto, sen deixar de lado o seu espírito, o décimo aniversario deste festival de espectáculos itinerantes. Por iso que se optou por recuperar os dez shows máis espectaculares das nove edicións precedentes: «Seleccionáronse dez, pero foi un traballo moi difícil porque todas as compañías que quedaron fora poderían estar perfectamente», remarcou Carme da Silva, concelleira de Festas.

Ao fronte da coordinación desta cita situouse Serxio Rodríguez, de Troula, quen precisou que os espectáculos de primeira hora teñen un cariz máis infantil, circunstancia que non é óbice para que no poidan ser gozados polos adultos. «Haberá diferentes especialidades artísticas dentro do que é a danza, a música, o circo, as acrobacias...».

Ademais de adiantar a data de Itineranta, ata o de agora celebrábase a semana anterior as festas da Peregrina, introducíronse pequenas modificacións nas tres rutas habituais para facelas máis longas, ao tempo que engadiuse unha carta especificamente deseñada para o derradeiro show do festival deste ano.

A compañía Xip Xap será a encargada de inaugurar esta edición a partir das 20 horas con Rum Rum... Trasto Karts dende a praza de España. «Ser seleccionados es de las mejores cosas que nos ha pasado en nuestra vida profesional. Esta sensación es mucho más grande que ganar un premio. Esto no tiene precio», resaltou Jordi Granell, codirector del espectáculo.

As rúas de Pontevedra vivirán «una carrera de coches» un tanto especial, xa non so polo deseño dos vehículos, senón polos seus protagonistas. «Puede estar basado un poco en la fábula de la tortuga y la liebre con un científico loco, el malo y el policía que no se entera de nada y al que todo le parece bien».

Posteriormente, as 21 horas, partirá da praza do Teucro o show Caballos de Menorca a cargo de Tutatis, mentres que as 22 horas tocaralles a quenda a Efimer e a The Dance Of The Death dende a rúa Benito Corbal.

Trata final

Itinerante mantén, iso si, a súa duración de tres días que se pecharan o venres con Deabru Beltzak e o seu novo espectáculo Symfeuny que, tras recorrer as rúas do centro dende Méndez Nuñez, rematará sobre un escenario da praza da Ferrería. Buscase un fin de festa por todo o alto sen minimizar as cuestión de seguridade, toda vez que a súa actuación combinará pirotecnia e percusión.