A visión do mundo árabe contada polos seus actores

PONTEVEDRA CIUDAD

LÓPEZ PENIDE

31 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mostrar a realidade social dos países alonxada do que son os estereotipos sobre o mundo árabe é un dos obxectivos da nova edición do ciclo de cinema Amal en Ruta, que se desenvolverá entre o 9 e o 14 de setembro no Teatro Principal de Pontevedra. Todas as sesións son de balde.

Exhibiranse media ducia de películas que amosan unha visión do mundo árabe «narrado desde seu, narrado desde seus actores, desde as persoas que coñecen ese mundo e que saben que cuestións son necesarias trasladar e proxectar», destacou a concelleira Carmen Fouces.

Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente honorífico da Fundación A­raguaney e propietario da produtora CTV, cargou contra a manipulación dos mass media que confrontou con la cultura. «A cultura é a formación, a información, a cociña do procesamento do análise e a transmisión do coñecemento», incidiu.