Blues, rock e soul resoan nas prazas e rúas do casco urbano

PONTEVEDRA CIUDAD

CLAUDIA GÓMEZ

Patricia Moon o Vudú son algúns dos artistas e grupos que actuarán no centro de Pontevedra

20 jul 2019 . Actualizado a las 19:47 h.

Trala xornada inaugural de onte, a nova edición de Paseantes chega ao seu fin programando catro concertos en distintas prazas e rúas do casco urbano de Pontevedra. E o fai abarcando distintos estilos musicais como proba do eclecticismo deste ciclo musical que busca, en palabras dos responsables municipais, achegar «a música en directo e en pequeno formato a prazas e rúas» da cidade procurando, iso si, «incluír maioritariamente formacións e músicos de procedencia galega, sen deixar de lado a sensibilidade para coa música realizada por mulleres».

Deste xeito, o soul de Carla Green & The Demons abrirá fogo na contorna da avenida de Santa María a partir das 13 horas para, posteriormente, trasladar o protagonismo á praza de Curros Enríquez. Neste espazo emblemático do casco histórico capitalino actuarán, nun primeiro momento, os irreverente Blues do País (20 horas) para, posteriormente, darlle paso a fusión de música tradicional e soul que tan ben amalgaman os compoñentes de Vudú (21.15 horas).

Xa pola noitiña, unha dobre sesión na rúa da Bastida, espazo que será tomado polos son máis roqueiros. Así, as 22.45 horas, tocaralle a quenda a Patricia Moon, que ven de ser teloneira de Bonnie Tyler en Vilagarcía de Arousa, mentres que ás 23.15 horas están programados The Teta’s Van.