Carta aberta ao reitor da Universidade de Vigo

Por 28 profesores de Belas Artes

PONTEVEDRA CIUDAD

A creación da Facultade de Deseño e Creación no campus de Pontevedra

15 jul 2019 . Actualizado a las 15:20 h.

A sesión ordinaria do Claustro Universitario deste mércores incluía a votación da memoria para a creación da Facultade de Deseño e Creación no Campus de Pontevedra, pero finalmente e ante as posturas enfrontadas de membros do Claustro, o reitor Manuel Reigosa optou por deixala en suspenso. As partes terán agora unha semana para buscar unha solución alternativa que permita poñer en marcha o Grao en Deseño e Creación, proceso no que o reitor actuará como mediador, polo que demandou o compromiso de todas as partes para “non arriscarnos a perder este título”. De non chegar a un acordo, avanzou Reigosa, “seguiremos adiante co inicio do expediente para a creación da nova facultade.” (Diario da Universidade de Vigo, 10/07/2019)

Durante os últimos anos a facultade de Belas Artes ten traballado para implantar un Grao en Deseño e Creación. Non todo o mundo ten remado na mesma dirección, nin coa mesma intensidade, como é frecuente en calquera proceso colectivo onde hai posicións enfrontadas e lexítimas. Teñen pasado moitas cousas e podemos facer moita literatura ao respecto pero dous feitos son incuestionábeis.

A Xunta de Facultade de Belas Artes, democráticamente, aprobou unha declaración inicial de intenciónes ao principio deste proceso e, consecuentemente, encargouse unha memoria do novo grao a unha Xunta de Titulación. A mesma Xunta de Facultade, democráticamente, non aprobou a memoria elaborada. Entre as consideracións en contra máis recorrentes, dous argumentos: Un, non existen garantías suficientes

(Profesorado, PAS, espazos, recursos) que garanticen a calidade do novo título e dous, perxudícase seriamente ao grao de Belas Artes (ao disminuir a súa matriculación -pérdense 45 alumnos para o grao de Belas Artes*-; tamén pérdense espazos, un problema que a nosa Facultade arrastra de xeito endémico e daquela bloquéase novamente a renovación da plantilla docente e investigadora -unha plantilla moi próxima á xubilación- impedindo a incorporación de novas xeneracións de docentes e investigadoras/es do campo das Artes).

A argumentación e a solución do reitor ten sido demoledora: De non chegar a un acordo, avanzou Reigosa, “seguiremos adiante co inicio do expediente para a creación da nova facultade”. A Facultade de Belas Artes xa chegou a un acordo pero tomou a decisión que non lle gusta ao reitor. O feito de inventarse unha Facultade para dese xeito saltarse as reglas de xogo é grave. Non se ten en conta a decisión democrática tomada nunha Xunta de Facultade; non se teñen en conta os problemas estructurais; non importa que non se dean as condicións axeitadas para o Grao de Deseño e moito menos importan os 'daños colaterais' para o grao de Belas Artes. A verticalidade coa que se toma esta decisión non se parece en nada á tarxeta de visita dunha equipa que se presentou a liderar 'a Universidade das persoas'.

Temos repetido até a saciedade que non se pode espir a un santo para vestir a outro. Os problemas estructurais son difícilmente salvábeis sen unha aposta e un compromiso claros, non só da Reitoría, senon tamén da Xunta de Galicia. A paisaxe da Arte e as Humanidades é desolador na sociedade contemporánea. Seguramente non estamos facéndoo ben pero tampouco nolo poñen doado, paradoxalmente, canto máis estase a falar de creatividade e calidade máis se evita, na práctica, calquera proposta que non sexa cuantificable e pragmática. Non entendemos cal é o interese do Reitor para asumir esta decisión nas condicións actuais: en contra da Xunta de facultade de Belas Artes e en contra da calidade de dúas titulacións, unha que debe nacer con suficientes garantías e outra que quere medrar, tamén, nas mellores condicións.

Pontevedra, 11 de xullo de 2019

*Cabe lembrar neste punto que, a pesar das dificultades, Belas Artes de Pontevedra segue a ser unha facultade que se mantén entre as cinco primeiras de España nas comparativas de titulacións. Que é, ademáis, a única facultade galega que imparte ese título e a única de todo o noroeste de España. No ano 2019 foi a 5ª, detrás de Valencia, Madrid, Barcelona e Bilbao.

https://www.elmundo.es/especiales/ranking-universidades/donde-estudiar-bellas-artes.html

Asinan esta carta: 28 profesoras/es, membros da Xunta de Facultade de Belas Artes de Pontevedra:

Antonio Bandera

Loreto Blanco

Xosé Manuel Buxán

Antón Castro

José Castro Muñiz

Fernando Estarque Casás

María Luisa Fernández

Almudena Fernández Fariña

Yolanda Herranz

Juan Fernando de Laiglesia

Elena Lapeña

Juan Loeck

Araceli Liste

Consuelo Matesanz

Juan Luis Moraza

Xoán Novegil González-Anleo

Marina Núñez

Mónica Ortuzar

Jesús Pastor

María José Pérez Fabello

Ignacio Pérez-Jofre

Mar Rodríguez Caldas

Juan Carlos Román

Alberto Ruiz de Samaniego

Manuel Dimas Salamanca

Manuel Sendón

Carlos Tejo

Javier Tudela