Renden tributo ao gaiteiro represaliado Constante Moreda

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

13 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Trala xornada de onte, o Memorial Ricardo Portela adentrase no seu día grande dan man da Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración co Concello de Pontevedra. Xurdida hai vinte anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado, a presente edición renderá homenaxe a Constante Moreda nun acto que se celebrará a partir das 21 horas na praza da Ferraría.

Moreda Vázquez, segundo sinalaron dente este colectivo, «foi fusilado o 10 de decembro de 1936 no monte do Castro polas hordas falanxistas xunto ao seu pai Manuel e o seu irmán José». Foi líder do Gaiteiro de Cabral ata 1929 e de Airiños de Cabral, primeiro cuarteto de dúas gaitas da bisbarra de Vigo, engadiron.

O programa deste sábado inclúe a apertura dos stands que toman parte na dezasete Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais -de 11.30 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas-. Trátase dunha oportunidade única para coñecer o traballo de algúns dos mais recoñecidos construtores de instrumentos tradicionais do noso país. É o caso de Xaneco, Oli Xiráldez, Alberto Pires, Afonso Castro, Diego Langarika, Lorena Reinaldo ou Luís Martínez, entre outros.

Pasarrúas e concerto

Nesta sesión tamén haberá espazo para os pasarrúas polo centro de Pontevedra a cargo de, en horario de mañá -de 11.30 a 13.30 horas-, Cántigas e Frores, Lubicáns, Meiró, Os Millarancos e A. C. Picuiña, agrupacións que repetirán xa pola tarde, entre as 18 e as 20.30 horas.

As nove da noite, no escenario da praza da Ferrería, arrancará a homenaxe a Constante Moreda Vázquez, a cuxo término programouse un concerto por parte de do Coro Cantares do Brión