Vilagarcía prepárase para a acoller a Tea Masters Cup

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

Trátase dunha das competicións máis relevantes a nivel internacional dentro do mundo do té

19 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra foi escenario onte da presentación do Tea Masters Cup. Trátase dunha das competicións máis relevantes a nivel internacional dentro do mundo do té e, na edición deste ano, terá lugar no Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, o vindeiro 29 de xuño. No acto estivo Laura Rodríguez, cofundadora do ITE, Instituto de Investigación del Té, que é a entidade encargada da organización do evento a nivel estatal, quen asegurou que «traendo aquí esta competición queremos amosar Galicia como un escaparate a nivel turístico». Desta volta, na proba están inscritas dez persoas, das que cinco son galegos e os demais proceden de localidades como León, Madrid, Barcelona ou Londres.