«A lingua galega é a chave que pode abrir moitas portas»

PONTEVEDRA CIUDAD

A banda de rock duro será a encargada de despedir este sábado ata o vindeiro outono á presente tempada de Sétima Feira

04 jun 2019 . Actualizado a las 20:38 h.

A pesar da súa corta andadura -constituíronse no 2018-, Grilo xa se fixo un nome propio dentro da escena metalera galega, aínda que Adrián Gómez Lorenzo, voz e guitarra da banda, rexeita que podan considerarse unha referencia: «Tanto como unha referencia a nivel galego, non. A banda si que parece que chamou a atención e vai funcionando». Este sábado, Grilo, ou o que o mesmo Adrián Gómez, xunto a Miguel Varela Álvarez -batería- e Alberte Fernández Silva -baixo-, despedirá ata o vindeiro outono a presente tempada de Sétima Feira.

-¿Algunhas voces etiquétanvos como o relevo xeracional e de estilo de Nao, que este ano despídense dos escenarios?

-Si, é certo que vimos algunha reseña e crítica de que podíamos ser o relevo de Nao, pero non é o noso papel. Nao é unha influenza para nós, tanto no musical como no ideal, pero non intentamos ser o seu relevo. Iso si, si a xente nos acolle como tal, nos encantados que teñen un público moi amplo.

-Este sábado voltades a Pontevedra, unha cidade que xa coñecedes ben.

-Si. Eu vivín aí, Alberto é de Pontevedra, tivemos unha banda... Iso tamén fai que a xente conte contigo cun proxecto novo a sabendas de que somos serios. Estaremos na zona do mercado de Abastos con Sétima Feira.

-Para un grupo como Grilo, que fai unha música tan potente, ¿supón algunha diferenza ter que tocar ao mediodía, nun horario tan éstrano?

-Creo que o termino é ese, éstrano. En todo caso, depende todo do público, do ambiente... Si ves ambiente, da igual a hora. É certo que nos imos atopar con xente que está cos críos ou que non está acostumada a bandas do estilo de Grilo. Chócalles un pouco, pero a nos dannos igual. Temos que ter claro o que facemos e punto, e onde toque, aí vamos.

-¿Como vedes a escena musical galega?

-A nivel creativo é unha pasada porque hai bandas de todos os estilos e hai un nivel grandísimo. Hai xente moi boa. É un momento moi especial que había que aproveitar, sobre todo, para exportar. Se ben é certo que hai un circuíto moi bo e hai moitos festivais, o importante sería exportar a nosa música co valor engadido que ten a lingua galega. Moitas veces hai quen ten esa idea de que pecha moitas portas, pero é todo o contrario, é a chave que as pode abrir.

-¿Como chegou Grilo a facer rock duro en galego?

-Na experiencia previa noutra banda, na que facíamos rock en castelán, rock estatal, vimos que para poder arrancar... Todo estaba centrado en Madrid e desprazarse, ademais do gasto e do tempo, era unha paliza. Dixémonos que tendo un circuíto como o que temos en Galicia e tendo a lingua, que é a nosa cultura, tiñamos que partir do concreto cara fora. E o concreto é a nosa casa, as nosas vivencias de aquí...

-Xa tedes sacados dous sinxelos, «Criminal» e «Rebelión», ¿para cando un longa duración?

-Un LP como tal non vai haber, pero si un EP cara o mes de novembro. Temos reservado para principios de outubro o estudo para gravar con Mafia Records, en Carballiño. Gravaremos cinco ou seis temas e engadiremos os dous sinxelos.

-E a pregunta do millón de euros, ¿un roqueiro nace ou faise?

-É unha pregunta que non é doada de respostar. Creo que podes nacer, pero tamén pódeste facer polo camiño. Eu non sei si nacín ou cheguei porque os meus pais escoitaban Pink Floyd o Dire Straits e logo, por outro lado, caín na escena de Los Suaves, Leño e Rosendo polos meus tíos. Non sei que dicir