Fina Casalderrey pide: «Recuperar o barrio da Moureira, algo que é imposible»

Alfredo López Penide
l. pENIDE PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

MARTINA MISER

24 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Como se fora tan fácil. Se o soubese, xa me poñía eu nalgunha desas listas en primeiro lugar». Tirando da retranca, a escritora Fina Casalderrey afronta a pregunta de que necesita unha cidade como Pontevedra para, acto seguido, sinalar que considera que sería preciso «recuperar a zona da Moureira, algo que é imposible. De recuperar o que se desfixo no século XIX, entón sería perfecta a cidad», sostén a autora de, entre outras obras, O misterio dos fillos de lúa ou Icia quere cambiar o mundo.

Fina Casalderrey resalta que, deste xeito, a conxunción desa parte da cidade de carácter mariñeiro co casco histórico faría de Pontevedra «a cidade perfecta en beleza. Nun sentido físico de recuperar a Moureira con aquelas casiñas todas brancas bambeándose nas augas e con todas aquelas rúas dirixidas adrede cara Santa María, cara a basílica que construíran os mariñeiros».

«¿Que lle falta? Máis aparcadoiros aínda, pero iso non é nada lírico», engade a escritora pontevedresa ao tempo que refire que «bonita debe estar cando quedei bloqueada. Pero sempre se pode mellorar».