Tralos pasos do gaiteiro Portela e degustando raia en Portonovo

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

LÓPEZ PENIDE

Mentres decenas de persoas rendíanse a este manxar en Sanxenxo, outras recorrían os espazos do Gaiteiro de Viascón

05 may 2019 . Actualizado a las 20:24 h.

Dicía Cicerón que «a vida dos mortos está na memoria dos vivos». E algo disto hai nos roteiros musicais que, impulsados pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) en colaboración co departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, inauguráronse onte en Pontevedra.

Na cidade do Lérez arrancou esta cita para recordar a Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, da man do estudoso José Luis Calle, mentres que a música correu da man de Álvaro Novegil, un dos mestres actuais do coñecido como toque pechado. Logo de deterse ante a casa pontevedresa onde Portela residiu varios anos a comitiva desprazouse a Cotobade.

Non cabe dúbida, de que, ademais de encher a mente, hai que encher o bandullo. E onte, en Portonovo arrancou unha nova edición da Festa da Raia, un manxar que se podía degustar en caldeirada, en tempura, en empanada ou en salpicón, pero tamén baixo a forma de croquetas ou de pastel.

Durante a xornada do sábado, de igual modo, sucedéronse os talleres infantís, os showcookings a cargo de renomeados chefs e as actuación musicais.

Toque pechado. O roteiro en torno á figura de Ricardo Portela estivo amenizado por Álvaro Novegil e partiu dende a praza da Ferrería para, acto seguido, desprazarse a rúa Laranxo, onde residiu o Gaiteiro de Viascón.