Marea Pontevedra comparte o seu programa cos membros do Rotary Club

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

MAREA

O encontro enmárcase no programa de conversas con colectivos e entidades sociais da cidade

23 abr 2019 . Actualizado a las 13:06 h.

O candidato á alcaldía e voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei ,e a número dous da lista do colectivo cidadá para as municipais, Teresa Casal, mantiveron un encontro coa xente do Rotary Club de Pontevedra encadrado no programa de conversas con colectivos e entidades sociais de Pontevedra.

Estas xuntanzas, apuntan dende Marea, «forman parte do camiño 19, e delas sairá unha gran parte das medidas que Marea integrará no seu programa electoral e no seu programa de goberno para os vindeiros catro anos».