Segundas Xornadas Forestais

PONTEVEDRA CIUDAD

04 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende o vindeiro luns e ata o mércores, a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra acolle as segundas Xornadas Forestais. Esta cita organizada pola delegación de alumnos deste centro arrancará coa intervención de Esteban Oubiña en torno a Forest Lab para, acto seguido, dar paso a Pedro Arias Sánchez, da Universidade de Vigo, quen analizará as xeotecnoloxías dende a perspectiva laboral como un mercado emerxente.

Nesta mesma xornada inaugural, o Grupo Finsa estará moi presente na intervención Ángel Somoza, Emilio Escudeiro, Genaro González, Javier Silva, Santiago Recamán e Xosé Mera. De igual modo, as conferencias do luns pecharánse con Celso González, de Global Geosystems, e Alfonso Pazos, da comunidade de montes de Teis.

Santiago Barciela, xa o martes, analizará a xestión do coello de monte na península Ibérica, mentres que Asier Rodríguez abordará o Estado das especies ameazadas de flora no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Os incendios forestais tamén terán o seu protagonismo coa presenza de Rafael Zas, quen centrará a súa exposición nas perdas de solo tras os fogos do 2017, e Cristina Fernández coa súa ponencia sobre a xestión da madeira queimada.