Actividades escolares a prol da lingua galega

PONTEVEDRA CIUDAD

Ángel López

Polo Correo do Vento imparte obradoiros titulados «Mario pensaba que o galego non servía para nada»

25 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo de esta semana, a concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra impulsa unha serie de roteiros infantís, charlas e unha exposición a prol do uso da lingua galega.

Luns

Exposición

Mostra itinerante que estará dende hoxe e ata o 30 de abril na EPA Río Lérez. Esta exposición aborda «a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidades».

Colexio Froebel

Polo Correo do Vento imparte dous obradoiros baixo o nome de «Mario pensaba que o galego non servía para nada». Mentres un dos autores conta a historia do protagonista, o ilustrador realiza un mural. O obxectivo é que os escolares interaccionen co conto e co debuxo.

CEP Marcos da Portela

«Para vir a xunto a min, vai mollar a lingua, galopín» é o nome dos dous obradoiros que propoñerán aos rapaces «catro probas grupais e retos lingüísticos cunha carga lúdica importante onde as rapazas e rapaces porán en xogo as súas destrezas e os seus coñecementos lingüísticos e culturais en tarefas do día a día».

martes

CEIP A Xunqueira I

Dous roteiros infantís guiados polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos. En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes.

CEIP Marcón

Retoman os obradoiros de «Mario pensaba que o galego non servía para nada» que desenvolven os integrantes de Polo Correo do Vento.

Sagrado Corazón

Este centro educativo programa os obradoiros de «Para vir a xunto a min, vai mollar a lingua, galopín».

Carlos Oroza

Acolle dúas charlas de sociolingüística da Mesa pola Normalización Lingüística, unha das cales está enfocada ao uso do galego na empresa e a outra aborda a historia da lingua.