O saxo Daniel Juárez súbese ao escenario de Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

CEDIDA

20 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, o saxo tenor Daniel Juárez será o encargado de inaugurar unha nova sesión do ciclo de concertos Jazz no Principal. Deste xeito, e acompañado por unha formación do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, interpretará distintos temas do seu repertorio. Neste sentido, Juárez ten publicado dos traballos discográficos, Caminos (2014) e Neuronal Odd World, dous anos despois en Nova Iorque.

Esta cita, tal e como ven sucedendo nos últimos anos, verá precedida por un obradoiro con entrada libre que se desenvolverá pola mañá e que levará consigo un diploma acreditativo.

Esta actuación do músico de Talavera de la Reina terá continuidade o 6 de abril cun concerto do contrabaixo Reinier Elizarde, El Negrón.

Sábado • 21 horas • 5 euros, 3 euros para estudantes, xubilados e parado • Venta na Casa da Luz e Ataquilla.com •