Pontevedra acolle as xornadas sobre o entroido de Galicia

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CEDIDA

Serán mañán e o sábado no CITA

15 mar 2019 . Actualizado a las 10:10 h.

Un ano máis a Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración da Concellería de Festas do Concello de Pontevedra, organizan as Xornadas sobre o Entroido de Galiza, que na súa sétima edición tense consolidado como o foro de referencia no país en canto a divulgación do Entroido galego.

As xornadas celebraranse no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) os días 15 e 16 en horario de 18 a 21h. Como se vén facendo nas últimas edición, este ano ébrese tamén o foro aos entroidos de Portugal polo que está prevista a presenza da socióloga portuguesa Patricia Cordeiro, quen falará do carnaval de Podence.

Durante os dous días das xornadas estará aberta no CITA, en horario de mañá e tarde, a exposición fotográfica «O Entroido galego», do fotógrafo etnográfico Roberto de la Torre.

O programa para esta edición é o seguinte:

Venres 15:

-18.00h. Apertura das xornadas

-18.15h. Conferencia de Xosé Anxo Rosales e Guillerme Costas :«Achegamento ao teatro popular no Entroido de Pazos de Borbén»

-19.00h. Conferencia de Pedro Basalo: «Historia recente do boteiro de Viana do Bolo»

-19.50h. Conferencia de Xerardo Dasairas: «As máscaras no Entroido ourensán»

-20.45h Mesa redonda e coloquio cos poñentes

Sábado 16:

-18.00h. Apertura xornadas do sábado

-18.15h. Presentación da publicación da Sociedade Antropolóxica Galega «Caderno de campo. Especial Entroido».

-18.45h. Conferencia Emilia Cagiao: «A recuperación do Entroido de Samede»

-19.45h. Conferencia de Patricia Cordeiro:«Carnaval de Podence: de ritual comunitário a ícone nacional»

-20.45h. Mesa redonda e coloquio final

-21.00h. Clasusura das xornadas