Entrega de diplomas aos participantes do programa DepoIntegra Xoven

PONTEVEDRA CIUDAD

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

06 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Este martes, a deputada Montse Magallanes entregou no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra os diplomas aos participantes do programa DepoIntegra Xoven, iniciativa na que participaron 108 mozos. Na comarca leváronse a cabo un total de oito accións formativas encamiñadas a integrar de xeito sustentable no mercado de traballo a persoas de entre 16 e 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.