Sés, Morgan e McEnroe en vivo e antes do vermú

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

MÓNICA FERREIRÓS

As entradas para os concertos en sesión matinal xa están á venda e o abono para as tres citas ten un custo de 45 euros

22 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Din que a terceira vai a vencida. E, tendo en conta que As Matinés do Principal xa tiveron éxito de público nas súas dúas primeiras edicións, o de este ano promete. De momento, o que fixo o Concello de Pontevedra foi dar a coñecer o cartel, no que figuran tres nomes propios da música. Trátase da incombustible Sés, que anda de xira coa presentación dun disco de nome ben clarificante: Rabia ao silencio; de Morgan, unha banda madrileña que se consolidou nos últimos anos como un dos grupos novos máis interesantes da escena española e que en marzo do pasado ano pariu o traballo Air e de McEnroe, un grupo vasco que é unha referencia incontestable do panorama indie.

Os concertos terán lugar os días 30 de marzo (Sés), 27 de abril (Morgan) e o 19 de octubre (McEnroe). O prezo das entradas para cada un dos concertos oscila entre os 14 e os 18 euros e existe a posibilidade de aquirir un bono para as tres actuacións do ciclo, cun custe de 45 euros. As entradas e abonos xa están a venda na páxina Ataquilla.com e o despacho físico da Casa da Luz.

«Isto é un fervedoiro»

A encargada de facer a presentación das Matinés do Principal foi a concelleira Carme Fouces, acompañada por Carlos Montilla de I-radia Crea, a produtora encargada de coordinar o ciclo. Fouces sinalou: «A programación musical en Pontevedra é un fervedoiro no que non poden falar As Matinés polo seu éxito en edicións anteriores e porque un dos nosos obxectivos segue ser chegar a todos os públicos, independentemente das idades».