Primeira homenaxe do ano a Antón Fraguas


Domingo, día 13?•?13.00 horas?•?Insuela, parroquia de Loureiro?• O Concello de Cerdedo-Cotobade quere empezar canto antes coas homenaxes a Antón Fraguas, o escritor, historiador e etnógrafo ao que se lle dedica este ano o día das Letras Galegas. Por iso xa convocou un primeiro acto para este domingo na casa natal do escritor, en Insuela, na parroquia cotobadesa de Loureiro.

Trátase dun acto sinxelo, no que se descubrirá unha placa na fachada do que foi o fogar de Fraguas. Despois haberá unha actuación musical a cargo dun gaiteiro, que rematará co himno galego. Agárdase a presenza de distintas autoridades da Consellería de Cultura e de Política Lingüística, da Fundación Antón Fraguas, da RAG, da familia de Fraguas así como membros de Galaxia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Primeira homenaxe do ano a Antón Fraguas