Luísa Sobral, Lila Downs e un «artista sorpresa», protagonistas dos concertos no Pazo


A concelleira de Cultura, Carme Fouces e Carlos Montilla de I-Radia Crea desvelaron onte dous dos nomes que formarán parte de Voices 2019, a terceira edición dun ciclo xa consolidado que aposta por artistas -vocalistas e instrumentistas- que transcenden o ámbito musical, por artistas con discurso propio, comprometidos coa cultura e socialmente.

O ciclo inclúe tres concertos que terán lugar nos meses de abril, maio e xuño no Pazo da Cultura. O pano do levantarase o 13 de abril, ás 21 horas, para a acoller á compositora e cantante portuguesa Luísa Sobral que presentará o seu último álbum Rosa, que se publicará en España o vindeiro 25 de xaneiro.

Fouces, subliñou o feito de que a afouteza e talento musical de Luísa Sobral chegue a Pontevedra ao día seguinte do peche do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que no 2019 estará adicado á literatura en lingua portuguesa. Aínda que o espectáculo de Luísa Sobral é para adultos «porá o mellor dos ramos ás actividades traballadas durante un mes arredor da lusofonía», apuntou a concelleira.

O 21 de xuño, tamén ás 21 horas, será a quenda da mexicana Lila Downs que ten en Pontevedra a única parada en Galicia e unha das catro no Estado na súa xira internacional que ten como centro o traballo Salón Lágrimas y Deseo, premiado co Grammy Latino ao Mellor Álbum Tradicional Pop.

Antes da presenza en Pontevedra de Sobral e Downs, o ciclo Voices terá unha cita en maio cuxo protagonista aínda está sen desvelar. Fouces apuntou que «é unha figura internacional, de moito impacto e que non canta».

A concelleira de Cultura destacou en calquera caso a calidade escénica e vocal dos artistas de Voices o que converte as entradas para eses concertos nun «magnífico agasallo de Nadal» que ademais se estende no

tempo polo que anima «a mercar cultura, a agasallar cultura».

As entradas estarán a venda a partir de mañá en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 ou na Casa da Luz. O prezo da entrada do concerto de Luísa Sobral vai dos 15 aos 18 euros en venda anticipada; o de Lila Downs dos 24 ao 26 euros e o do concerto sorpresa, de 21 a 25 euros. Mais existe un abono de 58 euros para as tres citas, que inclúe a posibilidade de participar en charlas e encontros cos artistas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Luísa Sobral, Lila Downs e un «artista sorpresa», protagonistas dos concertos no Pazo