Os de Algures converten en realidade «O soño da tecedeira»

Máis de medio centenar de músicos, actores e bailaríns participan nesta obra musical e teatral


Hoxe • 20.30 horas • Teatro Principal • Entrada libre • Chegou o día do estreo. Todo está preparado para a representación dun espectáculo etnográfico no que a música, a poesía, o baile, o vestiario e a escenografía teatral converterán O soño da tecedeira nunha realidade difícil de esquecer.

Máis de medio centenar de músicos, bailaríns, voces femininas, actores e figurantes participan nesta nova montaxe da Asociación de Gaiteiros Os da Algures, na que colaboran a Aula Municipal de Teatro de Pontevedra, os grupos de pandereteiras Solimán e Celme, o Ballet Folclórico Galego e a asociación etnográfica Sete Espadelas.

O soño da Tecediera é unha obra escrita por Miguel Anxo Mouriño, do Instituto de Estudos Miñoranos, en homenaxe as tecedeiras. A historia foi inspirada por un vello tear que membros da asociación Sete Espadelas mercaron nun anticuario de Guitiriz. No interior deste aparello atoparon un sobre con 25.000 pesetas, un achado que deu pe a imaxinar os soños da tecedeira que os agochou.

Escenografía

Este vello tear cunha casa larega como fondo, xunto aos arcos góticos das Ruínas de San Domingos e un torreiro co cruceiro , forman parte da sorprendente escenografía do espectáculo.

O vestiario tradicional elaborado para esta posta en escena tamén ten un gran protagonismo. Consta de setenta e cinco taxes, setenta dos cales son fieis reproducións de pezas antigas conservadas en diferentes Museos de Galicia ou de gravados e pinturas.

Poemas de Victoriano Taibo e Ramón Cabanillas e pezas recollidas do Cancionero de Galicia de Casto Sampedro, conforman o repertorio musical. Son en total dezasete pezas musicais cos arranxos corais adecuados ás escenas e interpretadas por unha formación de dous gaitas, acordeón, clarinete, saxo, frauta traveseira e percusión.

O baile e a danza esta a cago do Ballet Folclórico Galego, que conta no seu historial con numerosas actuacións en importantes festivais de Francia e Portugal, así como no territorio nacional e sobre todo en Galicia.

O soño da tecedeira e quinto espectáculo etnográfico de Os de Algures, tras o éxito alcanzado en anos anteriores cas montaxes dedicadas a Perfecto Feijóo, a Carlos Sobrino e Casto Sampedro, entre outros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os de Algures converten en realidade «O soño da tecedeira»