O canto lusófono resoa na Boa Vila

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

cedida

Voces de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galicia nos concertos más importantes do día

12 oct 2018 . Actualizado a las 11:01 h.

Canto lusófono e principalmente feminino protagonizan a segunda xornada do festival Cantos na Maré, con voces de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galicia.

Os concertos no Auditorio do Pazo da Cultura comezarán este venres as 20 horas con música galega do dúo Vudú, a lo que lle seguirá un dos espectáculos máis importantes do día e mais esperados polo público, o da Cesária Évora Orchestra. Esta banda caboverdiana, composta na súa maioría po músicos que acompañaron a Cesaria Évora nos últimos dez anos da súa carreira, segue a levar polo mundo a súa sonoridade universal, agora acompañada polas principais voces femininas do seu pais: Lura, Licibela e Elida Almeida.

Tamén no Pazo, sobre a 21.30 horas, o rap chegará por primeira vez ao festival coa intérprete lusa Capicúa, que se sube á maré acompañada pola angolana Eva RapDiva e a galega Woÿza. Esta suma de voces e olladas de Portugal, Angola e Galicia reflicten o espíritu no novo Cantos na Maré no tocante a dar entrada a novos xéneros musicais.

Do Pazo ao Principal

O intercambio e a colaboración entre artistas e culturas, potenciando a presenza galega, e outra das apostas diferenciadas do festival. De aí un dos concentos co que se pechará a xornada deste venres no Pazo. O tamén rapeiro galego García MC co seu espectáculo

Nación Quilombo

e máis o pianista cubano Alejandro Vargas desenvolverán un proxecto de colaboración especial. E tras eles, a música electrónica co compostelán DJ Mil.

No Teatro Principal, outro dos escenarios do festival, actuará en sesión matinal, as 12.30 horas, o caboverdiano Mario Lucio. Músico, cantante poeta, avogados e ex ministro de Cultura do seu país, colaborou na súa carreira con artistas como Cesária Evora, Pablo Milanés, Gilberto Gil , Harry Belafonte ou Toumani Diabate. Chega a Pontevedra acompañado por Julio Pereira, unha das máis destacadas figuras da música tradicional portuguesa. Lucio estará tamén o sábado na Librería Paz para presentar a súa obra Meu verbo cultura.

Maré na Vila

 

Cantos na Maré tamén resoará na Boa Vila. As voces da asociación cultural Maravallada levará os cantos de taberna polas rúas da cidade este venres a partir das cinco da tarde. O percorrido comezará na Praza da Verdura e continuará ata digan a música e maila xoldra.