O bebuxante replicou no Museo a obra «O derradeiro cadro do mestre» para reivindicar o seu verdadeiro significado
06 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O debuxante Kiko da Silva reivindicou onte a memoria de Castelao e de Bóveda do xeito que mellor sabe, facendo unha versión do cadro A derradeira lección do mestre para defender o seu verdadeiro significado «fronte aos intentos de esquecer aos mortos do franquismo e de manipular a realidade histórica».
Da Silva replicou a obra do artista rianxeiro na mesma Sala Castelao do Museo de Pontevedra onde ocupan un lugar destacado os orixinais do Álbum Nós xunto a outras grandes series. O fixo en vivo e en directo, rodeado de xente da cultura, da política e de moitos cidadáns da pé que responderon a convocatoria espontánea realizada polo debuxante a través das redes sociais, trala polémica suscitada polas primeiras palabras do presidente de la Xunta sobre A derradeira lección do mestre. «Gustaríame deixarlle claro a Feijóo que esta obra non é unha homenaxe de Castelao aos mestres, é unha homenaxe a seu amigo e mestre asasinado Alexandre Bóveda, que segue vivo na nosa memoria», reivindicou Kiko da Silva.