Carta aberta da secretaria xeral da agrupación socialista de Pontevedra

Maica Larriba

PONTEVEDRA CIUDAD

30 may 2018 . Actualizado a las 20:10 h.

Este xoves debaterase no Congreso dos Deputados a moción de censura presentada polo meu partido para desaloxar do goberno a un Partido Popular declarado corrupto por sentencia da Audiencia Nacional.

O motivo da moción de censura é de sobras coñecido: a sentencia da Audiencia Nacional na que ademais de condenar a diversos cargos públicos e orgánicos do PP, considera probado que este partido elaborou e se aproveitou dun «autentico e eficaz sistema de corrupción institucional mediante a manipulación da contratación publica central ,autonómica e local». É dicir, a sentencia recoñece que o PP é un organización corrupta que se beneficiou de prácticas delitivas. 

Esta situacion de absoluta indignidade politica, fai que o noso partido plantexe a necesidade de rexenerar a vida política e propiciar un cambio de goberno. Non é admisible que nos siga a gobernar unha persoa que é presidente do PP dende 2004, que nomeou tesoureiro a Bárcenas, que Ile enviou SMS pedíndolle fortaleza e que todos os membros do tribunal xulgador entenden que a súa declaración como testemuña carece de credibilidade. Neste contexto ¿como imos a permitir que un personaxe así nos siga a gobernar?

A fortaleza das institucións democráticas depende en boa medida da confianza que se deposita polos votantes nas persoas que se ocupan da xestión do interese publico. E a permanencia na presidencia do Goberno do máximo responsable dunha formación política declarada xudicialmente como parte dun autentico sistema de corrupción institucional, afecta gravemente á credibilidade do noso Goberno e do noso pais e a dignidade da democracia española. 

Por iso, sobran os motivos para plantexar esta moción de censura. Unha moción chea de dignidade, que debemos defender tamén con dignidade. 

Oiremos de todo e seremos descualificados polos elementos mais retrógrados da sociedade que solo pretenderan montar ruido para que non se fale do importante: que Mariano Rajoy non pode seguir sendo presidente do Goberno. 

Os Socialistas actuamos en defensa das nosas conviccións con firmeza pero tamén con serenidade. Expliquémoslle aos cidadáns que as descualificacións son consecuencia da podredumbre que anida dentro dun partido, o PP, que utilizou as institucións e o poder para beneficio propio.