Festa do Libro na Praza da Ferrería polo 17 de Maio

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

16 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • de 11.30 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas • Praza da Ferrería • Oito librarías de Pontevedra instalarán mañá, 17 de maio, Día das Letras Galegas, postos de venda de libros e un espazo de lectura na Praza da Ferrería. Aviones de Papel, D- Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Paz e Seijas, son os establecementos que se suman a esta iniciativa, promovida polas concellerías de Dinamización Cultural e Normalización Lingüística co dobre obxectivo de promover a literatura en galego e poñer en valor as librarías.

 O concelleiro de Normalización, Alberto Oubiña, enmarcou esta actividade no programa da Festa do Libro que terá lugar os días 22, 23 e 24 de xuño. En abril xa houbo unha primeira cita con actividades culturais nas librarías.