A carreira escolar pola lingua invade a cidade

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

09 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A lingua non para. Baixo este lema máis de mil rapaces dos colexios e institutos da comarca de Pontevedra encheron onte as rúas da cidade nunha nova edición do Correlingua. Máis de vinte centros educativos de Pontevedra, Soutomaior, Pontecesures, Ponte Caldelas, Cambados e Marín, sumáronse a esta carreira pola lingua que tivo como epicentro a praza da Ferrería. Alí celebráronse, tras a carreira, diferentes actividades lúdicas e a entrega de agasallos aos participantes, que puideron gozar da actuación musical dun dos grupos gañadores do Cantalingua.

Nesta edición do Correlingua 2018 colaboraron varias librerías e editoriais pontevedresas, cedendo lotes de libros que se repartiron entre os centros de ensino. O acto despediuse cunha solta de globos.