O Salón do Libro entra na súa recta final

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

m.l.

María Fumaça e Boabab poñen a guinda a un mes máxico

27 abr 2018 . Actualizado a las 19:48 h.

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil chega a súa última fin de semana cheo de novas propostas e disposto a que estes días que restan ata a súa clausura o domingo sexan tan intensos como os primeiros para as familias que xa o visitaron e para as que non puideron facelo ata agora, que han de ser poucas, visto o trasfego constante de escolares, docentes, pais, nais, escritores, ilustradores, actores, narradores, músicos e demais creadores e consumidores de historias que se viviu no Pazo da Cultura ao longo deste mes de abril.

Como din os artífices do Salón, para por case punto final a esta edición de Mulleres de Conto, que mellor que a familia musical de María Fumaça. Esta compañía achega este sábado una proposta nova cos seus máis coñecidos traballos: As cancións que máis molan!. Una tarde para bailar, cantar e gozar en familia con Manola, Carolina e a formiguiña do mercado. La cita es a las 19 horas no auditorio do Pazo.

 

Puño Puñete

Xa o domingo, o Salón despedirase cunha estrea, como non podía ser doutro xeito. Baobab Teatro, con Andrea Bayer e Davide González no escenario, presentará en tres funcións, as 12, as 17 e as 18 horas, o seu novo espectáculo Puño Puñete, unha orixinal proposta de contos, cantigas, musica en directo e tradición oral para os máis cativos e os seus papás e mamás.

A programación para esta fin de semana inclúe, ademais, moitas outras actividades de contacontos e obradoiros para toda a familia, a cargo de Polo Correo do Vento, Mercedes Queizás e Paula Pereira, Marta Ortiz, Daboapipa, Andrea Area, e Susana Suniaga, entre outros creadores.