Os novos públicos, protagonistas dos primeiros 10días do Salón do Libro

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

Máis de 12.000 persoas teñen pasado polo Pazo da Cultura dende a apertura do evento

16 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Salón do libro «Mulleres de conto» rematou a segunda fin de semana cunha valoración máis que positiva e salientando o éxito das actividades programadas para profesionais da docencia, a ilustración e o público adolescente.

As I Xornadas de Ilustración, celebradas o primeiro sábado achegaron numeroso público profesional nunha oportunidade única de intercambiar coñecementos e oportunidades con axentes destacados do mundo do libro da man nun econtro cos ilustradores Kiko da Silva, Victor Rivas, as mexicanas Cecilia Rébora e Amanda Mijangos, Sergio Covelo da AGPI, a editoria Malores Villanueva de Galaxia, unha representación de Urco Editora, libreiros da cidade e a editora Ixchel Delgado (México). O mesmo sucedeu nos encontros con Valeria Gallo e Gabriel Pacheco o o primeiro e segundo sábado respectivamente.

De luns a venres e durante cinco sesións, o público maioritariamente do mundo da docencia, falou en profundidade sobre a mediación, a poesía, os libros para coñecer e cambiar o mundo, o feminismo na LIX da man das diferentes profesionais da delegación mexicana e do país como Rosa Aneiros, Antonio García Teijeiro, Luz Beloso, etc. no ciclo ‘A lectura é unha arma cargada de futuro’

Tamén, de luns a venres, escolares dos centros colaboradores de educación primaria e secundaria, gozaron de obradoiros e contacontos da man da delegación mexicana, Anxo Fariña, Raquel Queizás, Migallas, Pavís Pavós, Eli Rios, Susana Suniaga, etc, que continuarán ata o mércores da próxima semana.

Os públicos habituais de caracter familiar, participaron o día da inauguración ao espectáculo ‘Catrina e Dona Francisca’ da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, a diario nos obradoiros e contacontos - da man de Bea Campos, Anxo Moure, Alondra Angélica Ramírez, María Guiexhooba, Paula Carballeira ou Rocío Kuri e durante as fins de semana tamén dos espectáculos musicais, como foron a estrea de Odaiko e Fantoches Baj o primeiro sábado ou onte a ‘Radio Bule Bule’ de Paco Nogueiras - que ateigou o auditorio- ou os destinados a bebés, Bath Time e a estrea de hoxe domingo de ‘Moraima’ de Marcelo Dobode que encheou os tres pases concertados para 40 bebés e acompañantes.

A figura de Mª Victoria Moreno ocupa un lugar destacado no Salón como muller de conto que é. A maiores de ter varios espazos e estantes na sala en torno a ela e a súa obra, son varios o espectáculos inspirados nela que forman parte do programa.

O sábado 7, Odaiko e Fantoches Baj estrearon ‘Mar Adiante’: un espectáculo cantigas e música danza e marionetas qu recrea a historia de Crarisca e Luceiro.

Durante esta fin de semana, Polo Correo do Vento, centrou tamén o seu contacontos ilustrado na biografía de Mª Victoria e Raquel Queizás, estreou o seu novo contacontos ‘Ruta propia’ no que fai un percorrido universo vital e literario da autora e axudada, por varios monicreques, coñecemos a varios dos seus personaxes.

O próximo domingo 22 ás 12:30 e con entrada libre, chegará ‘Pan con chocolate’. Un contacontos baseado na obra homónima de Mª Victoria no que Saleta Fernández se transforma en Eva, a protagonista da historia que recolle unha chea de historias máxicas que naceron no maxín da autora homenaxeada nestas Letras Galegas.