«Se a dinámica é positiva na Copa que sirva para a liga, que fai falta»

PONTEVEDRA CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

O gardameta defende a camisola granate nos partidos de Copa para intentar gañar espazo na titularidade

07 mar 2018 . Actualizado a las 05:05 h.

O Pontevedra xa non pode deixar escapar esta oportunidade. Subiuse ao tren da Copa Federación e a punto está de chegar á meta. O partido desta noite (20.00 horas) en Pasarón fronte a o Atlético Saguntino e a primeira parada das semifinais, o encontro de ida. Unha vitoria daría un empuxón anímico a un plantel que quedou doído despois da derrota do pasado domingo fronte ao Rayo Mahadaonda. Anxo Pérez, porteiro do equipo, ten nestes partidos a súa oportunidade para facerse cun oco no Pontevedra. Con 21 anos, ve a titularidade coma unha oportunidade que lle brinda Luismi, aínda que non sabe se hoxe vestirá os guantes. Traballa á sombra de Edu, de quen di que «está facendo unha tempada espectacular».

-Leva unha tempada no equipo e está a ser un ano duro, como o vive desde a bancada?

-É meu primeiro ano en Segunda B, intento aprender o máximo posible e intentar mellorar, vin para o Pontevedra despois de oito anos no Fabril coa idea de chegar a algo. Edu está facendo unha tempada espectacular.

-Afrontades o partido de Copa coa mesma mentalidade que un de liga?

-É unha semifinal e afrontámola con moita ilusión porque tras pasar tres eliminatorias, a final está cerca e a todos lle faría ilusión gañar o título.

-O ven coma un revulsivo dentro dunha liga que está a ser complexa?

-Ao final calquera resultado positivo suma, se a dinámica está sendo positiva na Copa que sirva tamén na liga, que fai falta ter resultados positivos.

-Cree que un bo resultado sería o mellor tratamento para o ánimo da plantilla?

-Si, penso que cun bo resultado se afrontaría o partido do sábado con algo máis de confianza.

-Está tocada a moral do equipo ou está cabreada?

-Estamos confiantes das nosas posibilidades, e moi mentalizados de conseguir a salvación, con moitas ganas de poder empezar a sumar, aínda quedan dez xornadas para afrontalo, imos partido a partido.

-Cómo é o rival que reciben esta noite en Pasarón?

-É un equipo descoñecido para nós, está nunha boa posición no grupo tres e mañán (por hoxe) temos adestramento previo ao partido e xa nos informará Luismi.

-Salvo algunha excepción, son partidos con equipos algo descoñecidos.

-Na anterior foi o Escobedo, tamén xogamos co Burgos, que está noutro grupo, pero a primeira ronda si que foi có Rápido de Bouzas.

-Como o vive vostede, a portería é súa nestes encontros...

-A verdade é que son partidos que me veñen ben para coller ritmo de competición, confianza, ao final non deixan de ser partidos de competición que para os que non estamos a disputar minutos é unha boa oportunidade por si despois en liga hai que entrar a xogar. Son bos para esta preparados.

-Nun inicio pensouse que a Copa podía afectar ao transcurso da liga, pero chegados a este momento, hai que ir a tope?

-Nos estamos apuntados, o que temos que facer en cada eliminatoria e intentar pasar, se despois pode ser que algún xogador non lle veña ben a sobrecarga de partidos, pero iso eu xa non entro a valoralo, pero unha vez que estás, hai que loitar.

-Como ve ao equipo neste tramo final, como chegará a maio?

-Estou seguro de que remataremos coa categoría mantida e esperando que non haxa que loitar na última xornada para conseguilo.