«Falar de colapso remite a unha situación catastrófica que aínda non se deu»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

O maxistrado pontevedrés Xermán Varela asume que a folga de Xustiza «está empezando a ser bastante problemática»

05 mar 2018 . Actualizado a las 20:52 h.

Tras tres semanas de folga na Administración de Xustiza, a situación dos xulgados de Pontevedra «está empezando a ser bastante problemática. Van pasando semanas e o traballo vaise acumulando», sinala Xermán Varela Castejón. Titular de Instrución número dous de Pontevedra e voceiro de Xuíces para a Democracia, matiza que a incidencia do para varia en función da xurisdición ou de si se trata de xulgados dunha cidade ou de pobo.

-¿Cal é a principal problemática que se están a atopar os cidadáns?

-Basicamente, si ten convocada algún tipo de vista ou xuízo hai grandes probabilidades de que non se poida celebrar e, por tanto, se teña que retrasar. Os escritos que se presentan, salvo de cuestións consideradas dentro dos servizos mínimos ou urxentes, non se tramitarán.

-¿Nun xulgado de instrución está a causar disfuncións nas causas en tramitacións?

-Nestes momentos aínda non tivemos un problema no sentido de que se estea a desenvolver unha investigación e esta se vexa afectada. Entre outras cousas porque a Policía e Garda Civil non están en folga, polo que esa afección polo de agora non se notou. Si durara moito máis, non sei si chegaría a afectar. Probablemente, non substancialmente. En todo caso, non ás importantes. Estase respondendo a determinadas medidas de investigación que son equiparables a medidas cautelares, porque deben adoptarse inmediatamente porque si non se perde información. Isto considerase servizo mínimo.