Apego, Vitoria Ogando, Anxo González y Galipedia, premios Xoán M. Pintos

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

02 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro de Normalización Lingúística, Alberto Oubiña, deu a coñecer onte aos gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos que concede o Concello as persoas, entidades ou proxectos que contribúen o impulso da lingua galega. O programa Apego, Vitoria Ogando e Anxo González Guerra, e a Galipedia, recibirán estes galardóns distintas no transcurso dun acto público que se celebrará o 15 de marzo no Pazo de Mugartegui.

O programa Apego foi distinguida co premio ao labor desenvolto desde a última edición porque consigue sumar a miles de familias para que sexan activas na transmisión do galego desde o berce, como lingua inicial dos seus fillos.

Vitoria Ogando e Anxo González Guerra foron premiados polo seu traballo de xeito continuado ao longo de toda a traxectoria vital e profesional. Ambos dous son profesores de lingua e literatura galega que desenvolveron os seus anos de docencia en Pontevedra, transmitindo a ducias de xeracións de estudantes o seu amor pola lingua e o orgullo de termos lingua, historia e cultura propias. Xuntos crearon materiais para a aprendizaxe do galego, primeiro en papel e despois desde a Rede coa páxina web ogalego.gal.

O premio elixido entre as propostas presentadas pola cidadanía foi para Galipedia, a enciclopedia libre en galego, pola súa promoción e normalización da lingua galega.

O xurado dos Xoán Manuel Pintos estivo formado por Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística; Beatriz Campos, de Migallas Teatro, e Luís Davila, premios Xoán Manuel Pintos no ano 2016; José Luís Rodríguez, representante da asociación cultural Os de Algures; Begoña Mayo, da asociación de veciños Eduardo Pondal; Elena Gallego Abad, representante do Colexio de Xornalistas; Jorge Potel, representante do ENL do IES A Xunqueira II; Beatriz Corral Sánchez representante da Administración autonómica-SXPL, e Concepción Cochón, técnica de normalización lingüística no Concello de Pontevedra.