Convocados os Premios Xoán Manuel Pintos

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

30 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Pontevedra coa colaboración da Rede Amiga da Lingua (REAL) ven de convocar unha nova edición dos Premios Xoán Manuel Pintos que trae como novidade un novo galardón que se lle concederá a una persoa, empresa, asociación ou entidade que dun xeito continuado destaque na promoción e normalización da lingua galega.

O xurado polo tanto outorgará este ano tres premios a persoas físicas, xurídicas ou agrupacións pola súa implicación no impulso da lingua, o terceiro dos cales sairá das propostas que se presenten ata o 14 de febreiro a través da web pontevedra.gal/premio-Pintos18.

Para a concesión dos premios se terán en conta o seguintes criterios: a tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego; actuacións concretas en favor dos usos sociais da lingua; o uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos; as campañas de información ou publicitarias en galego, e a contribución a galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

Na última edición destes premios os galardoados foron o humorista gráfico Luís Davila e Migallas Teatro e na lista de distinguidos figuran tamén Pavís-Pavós, María Victoria Moreno, o maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado, o ilustrador Kiko da Silva, Reizentolo, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística e a editorial Kalandraka, entre outros.