Primeiro Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

12 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Pontevedra e Urco Editora convocan o primeiro Premio de Literatura Xuvenil que leva o nome de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Poderá concorrer calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.

O prazo de entrega remata o día 28 de febreiro do 2018 e os orixinais deberán entregarse en sobre pechado na sede de Urco Editora, na Rúa do Avío, 11 baixo, de Santiago de Compostela, por correo postal ou mensaxería, sen que consten no exterior datos da persoa autora.

A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 4.000 euros. O xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, outra en representación do Concello de Pontevedra, unha alumna ou alumno do IES Torrente Ballester de Pontevedra, unha persoa de Urco e unha especialista en Literatura Infantil e Xuvenil. Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, o premio

poderá declararse deserto.