Camiñada con Castelao do alumnado do IES Torrente Ballester

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

12 ene 2018 . Actualizado a las 20:20 h.

Alumnos de cuarto curso da ESO do IES Torrente Ballestar fixeron a Camiñada de Castelao, actividade promovida pola Concellería de Normalización Lingüística. Sairon desde a praza San Xosé e o percorrido incluiu unha visita a Sala Castelao do Museo. Nesta camiñada búscabase a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra. O roteiro está centrado nas pegadas do artista na Boa Vila, na que sen dúbida foi a súa etapa máis prolífica e multifacética.

A cidade de Pontevedra, nesta camiñada, convértese nun auténtico museo urbano a través do que percorrer a vida de Castelao, que é como dicir a vida urbana na época en que a a cidade emitía a luz máis nidia do século XX. Aproveitouse o paseo para recordar outros fitos da historia local, sempre vinculados co uso da lingua galega.