«Reunir a trece librerías de Pontevedra é un avance»

PONTEVEDRA CIUDAD

emilio moldes

Paz defende o novo modelo local fronte a «rutina catastrófica» das feiras do libro que se viñan celebrando na cidade

24 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Festa dos Libros, inaugurada onte na Praza da Ferrería, toma o relevo a Feira do Libro tradicional que se celebraba ata agora. Por primeira vez interveñen tantas librerías da cidade nun evento como este, cun total de trece. Cano Paz, terceira xeración dunha saga de impresores, tipógrafos e libreiros, rexenta un dos establecementos máis emblemáticos do sector en Pontevedra con medio século de historia.

-Esta non é unha feira do libro ao uso

-Isto nace a partir da rutina que había nos últimos anos na Feira do Libro. Aínda que un grupo de libreiros a volvemos a recuperar aí atrás, seguiu sendo catastrófica en canto a ventas e atracción de público. Entón, desde o Concello se nos propuxo algo distinto e pensamos que sería un avance reunir por primeira vez a trece librerías de Pontevedra. Desde ese punto de vista, vemos o que hai na cidade, porque fora de aquí pouco mais hai.

-Por que antes non foi posible esa ampla participación?

-Non fora posible porque ata o ano pasado as feiras do libro que se celebraban aquí as organizaba a Federación de Libreiros de Galia e si es asociado participas e si non o es non participas. Si xa custa moito, sen estar asociado é un disparate. De aí que cada vez houbera menos xente asociada e menos librerías nas feiras.

-Hai moita diversidade de orientación nas librerías de Pontevedra?

-Unha das cousas boas que teñen estes eventos é ensinarlle á xente o fondo que tes na librería, vendas máis ou vendas menos. Ben e certo que nunca podes ensinar nin a décima parte. Eu igual traio catro best sellers e outro trae 25. A o mellor eu traio máis ensaio e outros menos. Quero dicir que cada libreiro enfoca o seu negocio como quere. Non somos todos monolíticos e podemos atopar cousas en calquera das librerías, segundo as necesidades.

-A banda deseñada segue sendo a especialidade de Paz?

-Bueno, foron tempos. Si é certo que é unha das seccións máis importantes dentro da nosa librería e seguramente haberá librerías especializadas que non teñan o fondo que temos nos. Pero temos moitas máis cousas. Fixemos unha sección de literatura galega decente. Temos outra sección de ciencia ficción e fantasía decente e tamén moita narrativa.

-Cales son as novidades que máis pitan este verán?

-Más allá del invierno, de Isabel Allende, é do más recente. Tamén, Rendición, de Ray Loriga, premio Alfaguara de Novela 2017. Tú no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff, funciona moi ben, como os relatos de Jaume Cabré ou Tierra de campos, de David Trueba. En Literatura gallega, destacaría o último premio de poesía de Mirian Ferradás, por exemplo, o Todo canto fumos, de Xosé Monteagudo.