Sesión solemne da RAG en memoria de Amado Carballo

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

Acaeceu o 17 de maio de 1982

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega dedicou en 1982 o Día das Letras Galegas ao poeta pontevedrés Luís Amado Carballo (1901-1927).

Toda Galicia festexou esta data, pero o acto central se celebrou nesta cidade natal do escritor homenaxeado.

Tal día como hoxe, os académicos da RAG, con Antonio Fraguas ao fronte, reuníronse nunha sesión solemne no Concello de Pontevedra, acto no que tamén estiveron presentes o entón conselleiro de Cultura, Xosé Filgueira Valverde, e o escritor Xosé María Álvarez Blázquez.

Previamente o Axuntamento descubriu unha placa na casa na que viviu o escritor homenaxeado, situada na esquina das rúas Benito Corbal e Cobián Roffignac, que alí segue, aínda que un pouco borrada, coa seguinte inscrición: «Aquí viviu o poeta Amado Carballo».

Pola noite, na Alameda houbo actuacións teatrais e musicais. Foi unha longa xornada que rematou cunha cea ofrecida polo Concello aos membros da Real Academia. Amado Carballo foi un dos poetas máis destacados do seu tempo e morreu con só 26 años.