O mes da lingua comeza coa tradicional Festa dos Maios

Elena Larriba García
Elena Larriba PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

Dez colectivos subirán mañá ao escenario da Ferrería para cantar as súas coplas ao ritmo dos palitroques

30 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Un total de dez maios, feitos por centros educativos, asociacións veciñais e culturais e outros colectivos, participarán mañá na tradicional Festa dos Maios, que se celebrará a partir das once na Praza da Ferrería.

Competirán en catro categorías, as de mellor maio, cantigas, interpretación e coroa, e optarán, ademais, a dous premios especiais. En total se repartirán máis de 4.000 euros.

Os maios participantes son o de San Xulián, CEIP Froebel, Asociación Ricriativa de Xeve, CEP Marcos da Portela, CEIP Campolongo, Maio dos Avós, Asociación Cultural Mudos de Arcade, Cultural Deportiva de Marcón, C.D. de Campañó e CEIP de Barcelos.

A festa comezará coa Benvida ao maio de Teresa Couto Nogueira, mestra, exdirectora do colexio Froebel e apaixonada dun certame que contribuiu a pór en valor.

O xurado valorará que o maio sexa o tradicional de Pontevedra, de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura e adornado con produtos típicos como o fiúncho, pampillos, margaridas, laranxas e ovos.

Con esta festa de orixe agrario arrinca o mes da lingua, marcado polo Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao escritor Carlos Casares. O programa diseñado polo Concello inclúe medio cento de actividades: música, cinema, andainas, xogos, lecturas en vivo, obradoiros e exposicións.