«A miña relación co mar é algo xenético»

«Mar Interior» é unha viaxe ao fondo artístico do autor coruñés, grazas ás máis de cen obras que dende hoxe, albergará o Sexto

.

Se a vida fora medida en recoñecementos e premios, para Miguelanxo Prado quizais tiveran que inventar unha nova unidade que puidese cuantificar a súa. Hoxe, as 20 horas, o Sexto Edificio fará de casa para o que o director do Museo, Carlos Valle, é «un digno herdeiro de Castelao». Unha viaxe apaixonante que irá dende Trazo de Xiz ou De Profundis, ata Presas fáciles; pasando polo Xabarín.

-Dicía vostede que expoñer no Museo de Pontevedra era como expoñer na casa de Castelao. ¿Que quere amosar nese templo?

-Mar interior é unha exposición con certo sentido antolóxico. Un percorrido dende o primeiro ao meu último libro. Inclúe todo o que fixen. Son 36 anos currando, polo cal hai moito que queda fóra, pero creo que é unha panorámica bastante axeitada.

-¿Asaltoulle a melancolía nalgún momento ao repasar a súa obra?

-Non demasiada. As primeiras veces que fixen mostras así si me producían certa vertixe. Creo que quedei vacinado na que fixen hai trece anos. Lembro que si me afectara. Tras esa febre, un xa asume que é cuestión de tempo, que son moitos libros porque son moitos anos, e moito traballo feito. Mais que nostalxia, sinto un cansazo sobrevido. Véxoo todo xunto e penso que foron moitas horas de Dios -rí-.

-¿Que ten o mar que chega a tantos artistas?

-No meu caso sospeito que é algo xenético. Conste que a miña relación co mar non foi intencionada. Fixéronma ver cos anos, coas críticas e os artigos. ¿Está? Claro, pero é que é un símbolo agradecido.

-¿Vai gañando o cómic o posto cultural que merece?

-É innegable que se foron abrindo portas. Digamos que o público profano foi gañando en interese polo xénero artístico, en parte debido a atención dada polos medios de comunicación. Foise normalizando. Non é estraño ver unha reseña ou unha reportaxe sobre a banda deseñada. Hai máis coñecemento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A miña relación co mar é algo xenético»