«Isto é froito dunha casualidade coa que estamos encantados»

Carlos Pereiro

PONTEVEDRA CIUDAD

. Capotillo< / span>

O ciclo Cultura no Camiño trae ata o Teucro o talento de Polo correo do vento, un exitoso dúo local de contacontos

21 jul 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Os contos e a forma de narralos adquiren un novo nivel grazas a Quique e Carlos. Xuntos conforman un dúo artístico e cultural, que bautizaron como Polo correo do vento. Hoxe, na Praza do Teucro, ofrecerán un espectáculo que mestura oralidade e ilustración para toda a familia. Os peixes do Miño chega a Pontevedra.

-Os contos xa demostraron hai tempo non ser só cousa de nenos.

-Nós plantexamos os nosos espectáculos para un público familiar. Os nenos poden pasalo ben, pero os pais que os acompañan, de seguro, tamén. No de hoxe tamén teremos música e versións curiosas. Os maiores tamén teñen que ter dereito a gozar.

-¿De onde lles vén isto de xuntarse e narrar historias?

-Coñécemonos dende que somos pequenos. Pasamos anos xogando ao balonmán de porteiros, no mesmo equipo. Tras a creación e edición con Xerais, hai 8 anos xa, de Mariquiña Anduriña, continuamos facendo libros e de aí saltamos a contacontos. Foi unha casualidade da cal estamos súper contentos.

-¿Nunca previran traballar desta maneira?

-Non, non. Nunca. E agora que temos esta vida, estamos encantados. Hai que traballar moito, iso si. É unha casualidade que sae do traballo previo, pero é algo do que estamos moi orgullosos. É un xeito de gañarse a vida moi chulo.

-E chegaron ata Arxentina e República Dominicana co seu arte, ¿como foi aquilo?

-Coñecemos unha realidade dura pero moi apaixonante. En Arxentina os galegos somos como da casa, e traballar figuras coma a de Luís Seoane, alí, é algo incrible e encantador.