«Asumíamos que podería pasar que non accedesen á paralización»

L. Penide Pontevedra / La Voz< / span>

PONTEVEDRA CIUDAD

10 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xunto con Blanca Cruz, Bibiana Piñeiro é unha das voceiras de Salvemos a Fracha. O auto da Audiencia Nacional, pese a ser un revés momentáneo para os intereses do colectivo que representan, o certo é que non vai a arredrar á plataforma da loita: «Seguimos adiante. O contencioso sigue».

-¿Como se recibiu o auto no seno da plataforma que representan?

-Era algo que entraba dentro das probabilidades. Asumíamos que podería pasar que non accedesen á paralización das obras.

-Entón, polas súas palabras infiro que seguen a manter a esperanza de que os tribunais terminen dándolle a razón a Salvemos a Fracha.

-Si. Exactamente. Queremos paraliza a obra e que non se faga. Seguimos co contencioso. Tivemos unha reunión co avogado e segue co procedemento. Animounos, de feito.

-¿O colectivo prepara novas mobilizacións para amosar a súa oposición ao trazado da A-57 polo monte da Fracha?

-Si. Hoxe estaremos en Lalín porque temos unha charla na que nos invita Salvemos Catasós e o martes Blanca Barrio estivo en Sanxenxo nun acto de En Marea falando da A-57. Ademais, estamos pendentes de que nos confirmen unha cousa para ver si facemos algo este venres en Pontevedra. Non deixamos a loita.