«Se ten algunha tacha, a política cultural do BNG é bastante sectaria»

Elena Larriba García
Elena larriba LA VOZ / PONTEVEDRA

PONTEVEDRA CIUDAD

<span lang= es-es >RETROSPECTIVA</span>.<span lang= gl > Luis Rei Núñez aparece na primeira destas imaxes nun acto de presentación dunha das súas novelas, o seu escenario habitual como escritor, e na outra cos membros da candidatura de Marea Pontevedra á alcaldía, a nova tarefa na que agora está inmerso para intentar cambiar o rumbo da política local e que se toma como un servizo temporal á cidade. </span>
RETROSPECTIVA. Luis Rei Núñez aparece na primeira destas imaxes nun acto de presentación dunha das súas novelas, o seu escenario habitual como escritor, e na outra cos membros da candidatura de Marea Pontevedra á alcaldía, a nova tarefa na que agora está inmerso para intentar cambiar o rumbo da política local e que se toma como un servizo temporal á cidade. capotillo / ramón Leiro< / span>

01 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Luís Rei (A Coruña, 1958) conta con moitos premios como escritor de novela, poesía e ensaio, sempre no idioma galego. Exerce tamén como xornalista na televisión pública galega. Sindicado e membro de Amnistía Internacional, di que é pontevedrés por elección, «a mellor maneira de ser dun lugar», e defínese como «un home que camiña ao lado dos demais».

-Nun dos seus libros, «Expediente Artieda», fala de heroes non amantes de medallas, de xente normal que adoita esa postura en circunstancias difíciles. ¿Síntese así con Marea?

-Cando a Flaubert lle preguntaron quen era Madame Bovary dixo ?son eu?. Os personaxes que creas cando elaboras un argumento e o mundo no que de desenvolven, en parte son todos fillos teus. Pero eu non me sinto como un heroe, síntome como un cidadán que camiña ao lado dos demais e que por circunstancias da vida e do momento que lle tocou vivir tivo que dar un paso á fronte e asumir unha responsabilidade coa que, se cadra, non contaba. De aí a falar de heroísmo, paréceme excesivo.

-¿Cantos anos leva vivindo en Pontevedra e que o trouxo aquí?

-Levo 32 anos, dende finais do 82. Viñen por traballo e por amor a unha persoa e son pontevedrés por vocación e elección.

-¿Como describiría a evolución da cidade dende entón ata hoxe?

-A zona monumental, por exemplo, gañou moito e converteuse nun atractivo que algúns viamos que existía, pero que estaba oculto. Pero, en paralelo, a cidade foi medrando dunha maneira bastante caótica. Lamento como os edificios da beira do río acabaron por tapar Santa María e como foron medrando os ensanches sucesivos cara a Eiriña ou á estación. Creo que agora estamos nun momento no que presumimos do 10 % da cidade, que é ese escaparate magnífico, pero tendemos, ao mesmo tempo, a ocultar o outro 90 %. Por un lado temos un centro urbano do que se pode presumir e, por outro, temos todos os ensanches da cidade, que requiren buscarlle solucións para convertelos en máis habitables.

-¿Que vota en falta como veciño de Mourente?

-Vai facer trinta anos que vivo na mesma casa e non teño servizo de auga. E a catrocentos metros de onde eu vivo hai unas cantas vivendas, unhas cantas familias, que non teñen saneamento. Son servizos que deberían ter todos os cidadáns. Cando les a Castelao e o traballo que fixo sobre as cruces de pedra en Pontevedra, ves que as parroquias eran fundamentais. Agora non o son porque permitiuse que se fosen degradando e crecendo de maneira caótica, en parte por non haber un planeamento. Hai que evitar que iso siga sucedendo.

-¿Vive do xornalismo porque non se pode vivir da literatura?

-En Galicia o traballo de escritor si que é heroico. Somos máis de dous millóns e medio de habitantes, pero en lectores temos a mesma media que en España. Aproximadamente a metade da poboación non le nunca, e en galego menos. A maior parte dos escritores temos que combinar a actividade literaria con outras.

-O seu ultimo traballo como escritor foi un libro de poemas, «Estrela do norte». ¿ En que está traballando agora?

-Estou traballando nunha novela, que está practicamente acabada, pero como lle dou moitas voltas ao que fago, aínda estou someténdoa a correccións. Agora haberá unha pausa pola campaña electoral, pero espero que ao longo deste ano poida ser publicada.

-¿Que opina da política cultural do Bloque?

-O Bloque si lle concede importancia á política cultural en sentido amplo. Se teño que poñer algunha tacha é que é bastante sectaria, porque non integra todas as expresións culturais que hai na sociedade galega actual. Pero ben, digamos que non é dos apartados nos que entenda que hai que meter máis correccións.

-No programa falan de crear medios de comunicación local baixo control dun organismo independente con participación plural. ¿A que se refiren?

-A vontade é que haxa a disposición dos veciños de Pontevedra un medio no que poidan expresarse sen intermediarios. Iso pódese facer cunha web, na Internet, pode ser unha emisora de radio, pode ser un boletín, unha revista. É simplemente ofrecerlles aos cidadáns a posibilidade de que teñan unha canle de comunicación que agora, coas novas tecnoloxías, debería ir máis, penso eu, por unha páxina web.

-¿Marea é un ensaio de Podemos de cara as xerais?

-Marea non é unha coalición de partidos, é unha candidatura de unidade na que están militantes de partidos a nivel individual. Somos cidadáns de Pontevedra e algúns teñen militancia partidaria e outros non. O que si teñen é militancia social, porque están en plataformas veciñais, sectoriais, de defensa da sanidade pública, das políticas sociais, ecolóxicas... Marea é máis que Podemos. Está con Podemos, pero tamén con Anova, con Espazo Ecosocialista e con Esquerda Unida.