«Estaba nervioso ao entrar pero saíume bastante ben o partido»

Montse García Iglesias
Montse garcía A ESTRADA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

miguel souto

O xogador regresou co filial, o Sporting, para ir pouco a pouco collendo a forma

04 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

carlos chan defensa do estradense que volveu a xogar 9 meses despois da lesión

O defensa do Estradense, Carlos Chan, volveu este domingo ao terreo de xogo despois de máis de nove meses alonxado logo de sufrir una rotura de ligamento cruzado o 16 de febreiro nun partido ante o Pontevedra B. Era un regreso agardado ao recibir a pasada semana a alta competitiva por parte do doutor García Cota tras xa máis dun mes adestrando co resto do equipo. O xogador fixo a súa reincorporación a competición no equipo filial, o Sporting Estrada, para ir pouco a pouco collendo a forma. Era o minuto 53 cando o xoven puxo fin aos meses de recuperación tras a súa lesión.

-¿Como foi este regreso?

-Estaba bastante nervioso ao entrar, normal despois de tanto tempo sen xogar, pero saíume bastante ben o partido. Faltoulle pouco para que marcara un gol. Houbo unha xogada na que case meto, o que sería unha bonita forma de volver ao terreo de xogo, pero non pasa nada.

-Di que estaba nervioso, ¿máis por todo este tempo fóra ou por temor a resposta do nocello? Nos adestramentos sinalaba recentemente que se atopaba ben...

-Máis que nada era por levar tanto tempo sen xogar e volver a estar nun partido. E ademais, estaban os amigos na grada, así que aínda tiñas máis ganas.

-¿Tivo medo despois da lesión?

-Saín bastante ben. O nocello non me doeu nada. Só ao acabar, ao enfriar, sempre hai algunha molestia como habitualmente pero no partido nada. Así que, moi ben. Xoguei case 40 minutos e cara ao final xa me notaba algo cansado, pero normal. Iso si, a rodilla en perfectas condicións.

-Ao volver despois de case dez meses, ¿en que se pensa cando un está a punto de saír? ¿Acórdalle a dura recuperación?

-Non, pensei en facelo o mellor posible e nada máis. Non se me pasaron nin os meses nin o momento en que fastidei a rodilla. Foi saír e intentar xogar o mellor posible.

-Tanto Tinto, adestrador do Estradense, como Bibi, do Sporting, falaban este luns do seu regreso pouco a pouco cumprindo as recomendacións médicas... ¿Para cando está previsto que xa poida afrontar un partido enteiro?

-Iso máis que nada marcarao a miña forma física, según me vaia atopando mellor irei disputando máis ou menos minutos. Tamén depende dos adestradores. Supoño en un par de partidos máis xa estarei para xogar un enteiro ou bastantes minutos, polo menos.

-Este fin de semana xogou co filial en Segunda, ¿falaron xa cando poderá xogar co Estradense, co que está adestrando, de novo en Preferente?

-Non falei de prazo ningún con Tinto pero aínda un par de partidos ou tres non creo que volva. Gañas si que hai pero con calma, tamén.

-Agora, entón, o importante é o regreso ao campo...

-Si, coller a forma física e cando estea ben, se Tinto o considera, que me leve. E senón, estarei co Sporting.