Partido de adestramento no Grove dos celestes

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

06 ago 2014 . Actualizado a las 06:58 h.

O Vilalonga desprázase esta noite ao Monte da Vila, para medirse ao Unión Grove a partir das nove da noite. Unha cita que non figura nembargante no programa de partidos de preparación do colectivo adestrado por Óscar García, que enfocou o encontro como un adestramento máis antes que como un test camiño da posta a punto de cara ao debú ligueiro.

O técnico celeste convocou para o encontro co Unión Grove os 26 xogadores cos que está a traballar. Un número redondeado desde o luns co mediocentro vilanovés Paco, cedido polo Pontevedra B. Este será o derradeiro encontro co Vilalonga para media ducia de futbolistas, toda vez que Óscar García ten decidido anunciar mañá os descartes entre os futbolistas a proba.