O Salón do Libro e do público

O evento pontevedrés recibiu o Premio do Público no fin de festa de Culturgal


pontevedra / la voz

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está a punto de cumprir unha historia de quince anos. E mentres o Concello de Pontevedra busca os ingredientes da próxima edición, titulada precisamente Cociñando contos, o público acaba de escribir outro importante capítulo para un evento que ten como máxima a promoción da lectura na infancia. Onte, a Feira das Industrias Culturais puxo o broche a tres días de intensa actividade na cidade do Lérez coa entrega do primeiro Premio do Público ao Salón do Libro, unha distinción que permitiu dar aínda maior proxección a este evento no escaparate da industria cultural galega.

Foi un acto que implicou aos espectadores que se pasearon onte pola tarde pola feira, xa que unha comitiva encabezada por Os da Ría foi a que conduciu nun singular e animado desfile á concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, ata o espazo do Libro, onde se entregou o premio. Xunto a ela estiveron os anteriores concelleiros desta área, María Xesús López Escudeiro e Luís Bará e, por suposto, tampouco faltou a mascota do Salón, o lobo Orbil.

A edila agradeceu na súa intervención o «traballo entusiasta» de persoas vinculadas ao ensino, á proxectos editoriais, a entidades culturais e ao propio Concello que permitiu poñer en marcha esta iniciativa, e «impulsar proxectos que tivesen na participación social o seu eixo central». «Agardamos poder devolver con creces o premio que nos concededes, traballando para que o vindeiro Salón do Libro sexa moito máis atractivo, participativo e ilusionante que nunca», engadiu. O Salón impúxose ao Festival de Cans e á Asociación Punto.Gal nas votacións dos internautas.

Do 14 de marzo ao 15 de abril del 2014 el Pazo da Cultura volverá a converterse nun escenario de conto para a quince edición do Salón, que pretende subliñar o papel da gastronomía na literatura infantil. O pasado ano as protagonistas foron as máquinas, pero antes moitos outros temas deron sentido a este encontro, como o medo, o amor, a superstición ou a mentira. Este ano, o evento fará un recoñecemento conxunto aos escritores homenaxeados na súa historia: María Victoria Moreno, Neira Vilas, Bernardino Graña, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín, Gloria Sánchez e Marilar Aleixandre.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O Salón do Libro e do público